lunes, 21 de abril de 2014

FESTA DO FÚTBOL SALA EN BARREIROS





O pasado sábado 19 de abril celebrouse o I Torneo Semana Santa de Barreiros de fútbol sala base, organizado pola asociación deportiva Praias de Barreiros CD.

Unha festa do fútbol sala na que participaron máis de 100 cativos con idades comprendidas entre os sete e os catorce anos.

A categoría cadete foi a máis igualada, todos os encontros remataron con victorias pola mínima e o CD Burela FS foi o equipo que se proclamou finalmente como gañador.

As Escolas Deportivas Muncipais de Riotorto foron os claros dominadores da categoría infantil, conseguiron dúas claras victorias que lles deron o título final.

Na categoría benxamín, o triunfador final decidiuse dende o punto de penalti. A AD Santiago de Foz e o CD Burela FS venceron ó equipo de Barreiros e ofreceron un gran enfrontamento directo que rematou en táboas, os laranxas estiveron máis acertados desde o punto de penalti e proclamáronse finalmente campións.

Máis alá dos resultados deportivos, o gran premio para todos foi a fermosa xornada deportiva que se puido vivir dende primeira hora da mañá ata a última da tarde no Pavillón Municipal de Barreiros.

Esta foi a primeira das moitas actividades que a asociación deportiva de recente creación “Praias de Barreiros” pretende levar a cabo nos próximos meses.




RESULTADOS I TORNEO BASE SEMANA SANTA DE BARREIROS

CATEGORÍA CADETE:

E.D.M BARREIROS 1-2 E.D.M RIOTORTO

E.D.M BARREIROS 4-5 C.D BURELA F.S

E.D.M RIOTORTO 2-3 C.D BURELA F.S


CATEGORÍA INFANTIL:

C.D BURELA F.S 2-5 E.D.M RIOTORTO

E.D.M BARREIROS 5-11 E.D.M RIOTORTO

E.D.M BARREIROS 3-10 C.D BURELA F.S


CATEGORÍA BENXAMÍN:

AD SANTIAGO DE FOZ 4-4 C.D BURELA F.S (Burela gana en penaltis)

E.D.M BARREIROS 1-10 C.D. BURELA FS

E.D.M BARREIROS 2-13 AD SANTIAGO DE FOZ


No hay comentarios:

Publicar un comentario