O clube barreirense celebrou o pasado sábado 16 de agosta a súa presentación oficial no Pavillón Municipal de Barreiros.
Enmarcado
nun ambiente máxico conducido polo Mago Senín foron aparecendo en escena, un a
un, todos os membros da directiva do clube, así como o corpo técnico e os
integrantes do equipo de atletismo e do de fútbol sala.
Este
acto supuxo a posta de largo do Praias de Barreiros C.D. ante a súa afección,
foron unhas duascentas persoas as que non dubidaron en asistir ó pavillón para
disfrutar do evento. Tamén acudiron á cita có deporte o alcalde do Concello de
Barreiros, Alfonso Fuente, así como Benito Longarela e Manuel Otero, xefe do
servicio provincial de deportes da Xunta de Galicia en Lugo.
Trala
presentación de todos os integrantes do clube, o equipo de fútbol sala disputou
un encontro amigable frente ó C.D. Cubelas FS que rematou en empate a tres
goles.
Os
actos de presentación remataron cunha cea no Refugio O Castro de Benquerencia.