O
pasado sábado 19 de abril celebrouse o I Torneo Semana Santa de Barreiros de
fútbol sala base, organizado pola asociación deportiva Praias de Barreiros CD.
Unha
festa do fútbol sala na que participaron máis de 100 cativos con idades
comprendidas entre os sete e os catorce anos.
A
categoría cadete foi a máis igualada, todos os encontros remataron con
victorias pola mínima e o CD Burela FS foi o equipo que se proclamou finalmente
como gañador.
As
Escolas Deportivas Muncipais de Riotorto foron os claros dominadores da
categoría infantil, conseguiron dúas claras victorias que lles deron o título
final.
Na
categoría benxamín, o triunfador final decidiuse dende o punto de penalti. A AD
Santiago de Foz e o CD Burela FS venceron ó equipo de Barreiros e ofreceron un
gran enfrontamento directo que rematou en táboas, os laranxas estiveron máis
acertados desde o punto de penalti e proclamáronse finalmente campións.
Máis
alá dos resultados deportivos, o gran premio para todos foi a fermosa xornada
deportiva que se puido vivir dende primeira hora da mañá ata a última da tarde
no Pavillón Municipal de Barreiros.
Esta
foi a primeira das moitas actividades que a asociación deportiva de recente
creación “Praias de Barreiros” pretende levar a cabo nos próximos meses.
RESULTADOS I TORNEO BASE SEMANA
SANTA DE BARREIROS
CATEGORÍA CADETE:
E.D.M BARREIROS 1-2 E.D.M RIOTORTO
E.D.M BARREIROS 4-5 C.D BURELA F.S
E.D.M RIOTORTO 2-3 C.D BURELA F.S
CATEGORÍA INFANTIL:
C.D BURELA F.S 2-5 E.D.M RIOTORTO
E.D.M BARREIROS 5-11 E.D.M RIOTORTO
E.D.M BARREIROS 3-10 C.D BURELA F.S
CATEGORÍA BENXAMÍN:
AD SANTIAGO DE FOZ 4-4 C.D BURELA F.S (Burela gana
en penaltis)
E.D.M BARREIROS 1-10 C.D. BURELA FS
E.D.M BARREIROS 2-13 AD SANTIAGO DE FOZ